Nova andaina

Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.

jueves, 18 de diciembre de 2014

jueves, 20 de noviembre de 2014




Obra de teatro representada por alumnos e alumnas de 1º e 2º de ESO na entrega de premios do II Concurso de relatos de terror, convocado polo equipo da Biblioteca e o ENDL do CPI de Pontecesures

martes, 11 de noviembre de 2014

 II CONCURSO DE RELATOS DE TERROR

Por segundo ano consecutivo, celebrouse no noso centro un certame de relatos e curtametraxes de terror co gallo do Samaín, organizado polo ENDL  e o Equipo de Biblioteca. Os seguintes traballos foron os premiados este ano:

 Na categoría de ESO o vídeo gañador foi:"A casa do outeiro"




 Na categoría de Educación Infantil temos esta videocreación dos rapaces e rapazas de 3 e 4 anos:
"O medo é libre"








martes, 21 de octubre de 2014

Este ano xa que o cartel de bibliotecas escolares está adicado ás matemáticas, “BIBLIOTECA ESCOLAR …..MATEMÁTICO!!!” no cole imos adicar o día da biblioteca tamén ás matemáticas.

Para empezar......

Un matemático cerca....................

José Rodríguez González, O matemático do Bermés


viernes, 10 de octubre de 2014


2º CERTAME DE RELATOS DE TERROR





 
De novo, convocamos dende  O Equipo de Biblioteca e o ENDL  do CPI de Pontecesures unha nova edición do concurso de relatos de terror co gallo do Samaín. O cartel que anunciará o certame foi elaborado pola alumna de 3º de ESO Raquel Estévez Brea, a quen aproveitamos para darlle a noraboa. Expoñemos as bases a continuación e animámosvos a todos/as a que participedes nalgunha das súas modalidades.
 
 
BASES DO CONCURSO
 
1.       Os relatos, orixinais e inéditos, serán redactados en lingua galega.

2.       A temática xirará arredor de historias de misterio e terror.

3.       Haberá seis categorías con cadanseu premio:

·         Infantil

·         1º ciclo

·         2º ciclo

·         3º ciclo

·         ESO

·         Modalidade de participación audiovisual, cunha curtametraxe gravada nun máximo de cinco minutos.

4.       A participación de infantil e 1º ciclo de primaria poderá ser cun relato breve ou a través de narracións baseadas en debuxos que incorporen algunha palabra ou texto breve en galego. Nos demais niveis os textos terán unha extensión máxima de catro folios por unha cara, manuscritos ou mecanografados.

5.       Cada titor/a de infantil e primaria e o profesor de lingua galega de ESO seleccionarán os tres mellores traballos de cada aula e entregaranllos ao coordinador do ENDL antes do 24 de outubro.O

6.       xurado do certame estará integrado por profesorado colaborador do ENDL e da Biblioteca.

7.       O fallo do xurado farase público a través do blog do equipo (www.blogoteca.com/trasnoparoleiro) e o blog da Biblioteca (bibliocesures.blogspot.com) o día 30 de outubro.

8.       A entrega de premios terá lugar en cadanseu acto na biblioteca do centro nun recreo de primaria e noutro de secundaria ao que poderán acudir todos os participantes.

9.       A participación neste concurso implica o consentimento do/a autor/a para a divulgación da obra presentada nos blogs de normalización e da biblioteca, así como na revista escolar O voceiro do Piñeiro manso.

10.   A participación neste certame implica a aceptación de todas e cada unha das normas contidas nas presentes bases.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

miércoles, 18 de junio de 2014

PARA DISFRUTAR DA LECTURA  NO VERÁN.............








FELICES VACACIÓNS !!!!!!!!!!












martes, 27 de mayo de 2014



O alumnado do ENDL do CPI de Pontecesures decidiu participar nun obradoiro de graffiti impartido por dous membros de Mutante Creativo, deixando a súa pegada nunha das paredes da Biblioteca, a que da ao patio de infantil. As tres mascotas do centro reunidas: Xirilé, do Equipo de Biblioteca, Cesurín, do Equipo de Actividades Deportivas e o trasno paroleiro de Normalización Lingüística. Deixannos unha mensaxe de ánimo para que nos sumemos a un maior emprego da nosa lingua día a día. Tedes máis no seguinte enlace Mascotas



miércoles, 7 de mayo de 2014


XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO


Xa está cada vez máis preto a celebración do Día das Letras. Para ir comenzando a coñecer a vida e a obra do autor homenaxeado nesta edición presentamos estos materiais.




miércoles, 30 de abril de 2014

NOVO CONCURSO INTERCENTROS





O día que Díaz Castro atopou unha estrela nun caldeiro de auga

diaz castro fabaloba 300x300 O día que Díaz Castro atopou unha estrela nun caldeiro de augaDa man do colectivo Fabaloba chéganos unha fermosa achega ilustrada ao poeta Xosé María Díaz Castro.
Unha nova proposta vén a enriquecer a colleita q neste ano de Díaz Castro agroma.
 O   colectivo Fabaloba vén de publicar o seu primeiro conto: O neno e a estrela, unha fermoso achegamento á figura do poeta Xosé María Díaz Castro dirixido aos lectores máis novos. O libro está editado por Fabaloba edicións, etiqueta que nace ao abeiro do proxecto cultural e educativo Fabaloba.
O propio protagonista desta historia é Díaz Castro cando neno. El é quen atopa unha estrela que caeu do ceo e foi dar a un pozo de auga da súa aldea de Guitiriz. O rapaz é o encargado de devolver a estrela ao seu lugar no universo. Nas poderosas ilustracións represéntase un mundo de lusco-fusco, anterior á existencia do sol. A obra xoga cos moitos dos eixos centrais do poemario Nimbos.
O libro, que está xa a venda en papel, edítase baixo unha licenza Creative Commons e a versión dixital xa se pode descargar de balde. Canda o libro, Fabaloba ten preparadas unha serie de propostas de dinamización baseadas nel (obradoiros de ilustración, escrita creativa e contos)

jueves, 13 de marzo de 2014

Segimos trabajando con el agua.....

5 mentiras sobre.......

EL AGUA

Descubre los cinco datos falsos sobre el líquido vital que hemos mezclado con otros tantos verdaderos.
  1. Solo el 15% de la que hay en la Tierra es dulce.
  2. Cada español gasta de media 126 litros al día.
  3. El océano más grande es el Atlántico.
  4. En la cima del Everest, el punto de ebullición del agua es de 68ºC.
  5. La frase "Como lágrimas en la lluvia" se decía en la película 2001: Odisea del espacio.
  6. Es la única sustancia en estado natural que se puede encontrar sólida, líquida y gaseosa.
  7. Aproximadamente la mitad del cerebro humano está hecho de agua.
  8. Cuando nos damos un baño, gastamos entre 150 y 300 litros.
  9. Si arrojáramos un vaso en el espacio exterior se congelaría en una milésima de segundo.
  10. Una de cada nueve personas del mundo no tiene acceso a un suministro seguro.

viernes, 7 de febrero de 2014



Presentan un manuscrito inédito de 'La colmena' de Cela que saca a la luz pasajes censurados


  • Se publicará una nueva edición que incluirá los pasajes autocensurados
  • El manuscrito apareció en casa del hispanista francés Noël Salomon
  • Se donó a la Biblioteca Nacional y se autoriza su edición





El manuscrito de La colmena, obra cumbre de Camilo José Cela, que Annie Salomon, hija del hispanista francés Noël Salomon, ha donado a la Biblioteca Nacional, contiene pasajes censurados y otros que el premio nobel español ni siquiera presentó a la censura, dado su alto contenido erótico.
Todos esos pasajes se incluirán en una nueva edición de La colmena, probablemente en un apéndice.
Annie Salomon no tenía ni idea de la existencia de ese material. Lo encontró "hace poco", cuando decidió vender la casa de campo de sus padres que ella había heredado, según ha contado ella misma en la sede de la Biblioteca Nacional de España
Cuando Annie Salomon vació los muebles de la casa, antes de venderla, vio la carpeta con numerosos capítulos de la famosa novela de Cela y enseguida se dio cuenta de la importancia del material hallado, entre otras razones porque ella es licenciada en Literatura Hispánica y había leído La colmena.
"Lo único que había que hacer era ponerse en contacto con la Biblioteca Nacional, porque el manuscrito era un patrimonio cultural español y había que ponerlo a disposición de los investigadores", explicaba Salomon, que en mayo de 2013 viajó a Madrid para depositar el material en la BNE.
El manuscrito donado por Salomon es "heterogéneo, incompleto y fragmentario". Unas cuantas hojas son manuscritas, pero la mayoría están mecanografiadas y llevan correcciones hechas a mano por Cela y tachaduras del propio escritor, señala Sotelo en su informe.
Pero tiene "un alto valor" para comprender "la naturaleza de los pasajes censurados" y comprobar, junto con las versiones que guarda la Fundación Camilo José Cela, "el esmerado trabajo de creación y reelaboración de los textos por parte del escritor.



jueves, 30 de enero de 2014



Teatro en inglés para os alumnos da ESO


Revolution é un libro pop-up realizado pola ilustradora Helen Friel.

Amosa o ciclo da vida dunha gota de auga, dende que sae da billa da nosa casa ata transformarse en gota de chuvia.

Incrible que se poida facer algo así só co papel.

jueves, 23 de enero de 2014



NOVO ACHADO DE ROSALÍA DE CASTRO





A Real Academia Galega informou en rolda de prensa da descuberta de novos textos inéditos de Rosalía de Castro. O achado consiste en varias pezas manuscritas en castelán dos seus últimos anos, atopadas pola profesora da Universidade de Barcelona, María Xesús Lama, no Arquivo da Real Academia Galega.
A través de video-conferencia, segundo publica a web da Real Academia Galega, a profesora explicou a importancia do achado: “Sendo todo o conxunto dun interese considerable, ben por presentar algunha variante puntual das versións publicadas ou ben para o estudo grafolóxico polas considerables variacións da letra que presentan, é o último manuscrito o que chama a atención polo extraordinario valor da información que ofrece ese encabezamento e a nova perspectiva que deita sobre as poesías finais engadidas por Murguía ao preparar a segunda edición de ‘En las orillas del Sar’”.
Para a profesora Lama, o poema recollido manifesta a intención de Rosalía de publicar un novo libro: “Sen embargo, nese título de ‘Postrimerías’, delatábase a conciencia da autora de que sería o derradeiro”.
Máis información na RAG

jueves, 9 de enero de 2014

Comenzamos un ano novo e imos comenzar unha nova actividade que se chama 

 O POEMA DA SEMANA. 











MIGUEL D´ORS :

 Como el agua



Como el agua
se afana
callada
bajo el trigo,


como la tierra,
humilde,
elabora
metales
y eleva
hasta la rosa
la hermosura,


así, de esa manera,
escribirás
tus versos:
sólo en hondo
silencio
germinan
las palabras
luminosas.


Del libro “La música extremada”