Nova andaina

Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.

miércoles, 30 de abril de 2014

NOVO CONCURSO INTERCENTROS





O día que Díaz Castro atopou unha estrela nun caldeiro de auga

diaz castro fabaloba 300x300 O día que Díaz Castro atopou unha estrela nun caldeiro de augaDa man do colectivo Fabaloba chéganos unha fermosa achega ilustrada ao poeta Xosé María Díaz Castro.
Unha nova proposta vén a enriquecer a colleita q neste ano de Díaz Castro agroma.
 O   colectivo Fabaloba vén de publicar o seu primeiro conto: O neno e a estrela, unha fermoso achegamento á figura do poeta Xosé María Díaz Castro dirixido aos lectores máis novos. O libro está editado por Fabaloba edicións, etiqueta que nace ao abeiro do proxecto cultural e educativo Fabaloba.
O propio protagonista desta historia é Díaz Castro cando neno. El é quen atopa unha estrela que caeu do ceo e foi dar a un pozo de auga da súa aldea de Guitiriz. O rapaz é o encargado de devolver a estrela ao seu lugar no universo. Nas poderosas ilustracións represéntase un mundo de lusco-fusco, anterior á existencia do sol. A obra xoga cos moitos dos eixos centrais do poemario Nimbos.
O libro, que está xa a venda en papel, edítase baixo unha licenza Creative Commons e a versión dixital xa se pode descargar de balde. Canda o libro, Fabaloba ten preparadas unha serie de propostas de dinamización baseadas nel (obradoiros de ilustración, escrita creativa e contos)